As consultas que nos envíes ao CIM pódes envialas de dúas maneiras:
Anónima: a consulta responderíase de maneira anónima e xeral no apartado de preguntas máis frecuentes.
Personalizada: son as consultas nas que se facilita algún medio para respostar de maneira individual e personalizada e só a quen fai a cuestión; por exemplo, un correo electrónico, un número de teléfono, etc.
A muller maltratada - Concello de Ordes, Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade
Non podemos describir a unha muller maltratada. Calquera muller pode chegar a ser unha mullerr maltartada. Non importa a súa idade, nin o nivel social, económico ou cultural, non importa si non sabe ler nin escribir ou se ten unha titulación universitaria.Non importa se vive no medio rural ou no urbano.
O que pode favorecer que unha muller sexa víctima de malos tratos é que esa muller teña unha baixa autoestima, viva nunha cultura machista e por tanto considere normais certos comportamentos de abuso.
Non. Ningunha muller maltratada é culpable. Non hai ningún comportamento que xustifique os malos tratos. O que si sucede é que as mulleres maltratadas se senten normalmente culpables. O maltatador a través da violencia faille sentir que é ela a que provoca as reaccións que el pode ter sendo ela a responsable do que pasa. Ela acaba sentindo realmente culpable.
A culpabilidade é unha das mellores maneiras de someter e controlar a unha persoa. Culpala polo que ela fai ou non fai, por fecerlle crer que é unha inútil, unha tonta, que está tola, que non ten ningún criterio, que non fai nada ben, que todas as persoas as desprecian, que nadie a quere nin a bota en falta, etc.
Hai moitas razóns polas que unha muller non se decide a comper unha situación de violencia. Pode ser porque tes medo, por inseguridade, por vergonza, por medo a ser xulgada, por sentirte culpable, temes que a violencia aumente, porque non tes recursos económicos suficientes, por descoñecemento dos teus dereitos, por falta de apoios familiares e de amizades, porque crees que non tes dereito a facelo,etc.
Por toda a situación que vives a diario é moi probable que sufras un bloqueo emocional que che dificulta ver con claridade a situación e decidir por ti mesma. Pensar na ruptura fai que teñas medo á soidade, que dubides das posibilidade de sair da situación, medo a afrontar todos os cambios que debes asumir na túa vida, etc.
Hai que pensar que aínda nas mellores condicións é difícil acabar cunha relación de parella, familair ou de traballo debido ao pensamentos que temos respecto ao amor, á familia, ao sentido do compromiso, ás ideas relixiosas e crenzas culturais,etc.
Cando unha muller está vivindo unha situación de violencia pode non detectar certos indicios por consideralos comportamentos normais ou por pensar que a súa situación é única e provocada por ela mesma.
A continuación detállanse algunhas situacións que che poden servir de alerta para reflexionar si estás sufrindo ou non situacións de violencia.
Pistas para relacións de parella
Criterios de realidade sobre a violencia
Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller
Concello de Ordes
Rúa Alfonso Senra, nº108
Atención ao público:
De luns a venres de 08:00 a 15:00
Asesoramento Xurídico:
Luns de 15:30 a 21:30
Asesoramento Psicolóxico:
De luns e venres con previa cita
Teléfonos:
981 682108 / 981 680002
981 680157 (Ext. 214)
Fax
981 682108
E-mail
cim@ordes.dicoruna.es