As consultas que nos envíes ao CIM pódes envialas de dúas maneiras:
Anónima: a consulta responderíase de maneira anónima e xeral no apartado de preguntas máis frecuentes.
Personalizada: son as consultas nas que se facilita algún medio para respostar de maneira individual e personalizada e só a quen fai a cuestión; por exemplo, un correo electrónico, un número de teléfono, etc.
Menores e violencia - Concello de Ordes, Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade
Calquera comportamento intencionado que se dirixe cara outra/s persoas, coa finalidade de causar dano físico ou emocional.
Os malos tratos infantís é toda conduta que, por acción ou omisión, produza dano físico e/ou psíquico nunha persoa menor de 18 anos, afectando ao desenvolvemento da súa personalidade. Esta conduta é intencionada e reiterada.
Si.
Tipos de violencia:
1) Violencia física: cando recibes golpes, empuxóns, patadas, tiróns de pelo, etc.
2) Violencia psicolóxica: insultos, ameazas, coaccións, descalificacións, ridiculizacións, etc.
3) Violencia sexual: cando calquera persoa che faga sentir mal, incómodo/a coas súas palabras, xestos ou tocamentos, abusos, violacións, etc.
Na CASA coa FAMILIA: pai e/ou nai, irmáns/ás, tíos/as, avós/as, curmáns/ás, amizades, veciños/as.
No COLEXIO ou INSTITUTO: compañeiros/as, amizades, mestres/as, etc.
Na Rúa con PERSOAS COÑECIDAS OU DESCOÑECIDAS: veciños/as, amigos/as dos pais e/ou nais, amigos/as de irmáns/ás, etc.
Na CASA: Labazadas, empuxóns, patadas, dentadas, golpes, insultos todos ou case todos os días.
No COLEXIO ou INSTITUTO: Empuxóns, golpes, insultos, abusos, acoso, intimidación, ameazas para facer algo, etc.
Na RÚA: ameazas, insultos, abusos, acoso, obrigar a facer algo, etc.
Enfadado/a, inseguro/a, nervioso/a, con medo, preocupado/a, irritado/a, desconcentrado/a, triste, confundido/a, sen ganas de saír, sen ganas de falar, sen apetito, con pesadelos, con dores no corpo (dores de cabeza ou de barriga), etc.
Se eres víctima de violencia ou presenzas violencia:
E un servizo gratuíto dirixido a todos os nenos e nenas de Galicia, así como a todas as persoas en xeral que queiran aportar suxerencias sobre os servizos á infancia ou denuncias de situacións de malos tratos, desamparo, etc. de menores.
Está atendido por persoal especializado a través dunha liña gratuíta que funciona durante todo o ano, as 24 horas do día.
Tamén se pode chamar a:
Tamén podes mandar un correo electrónico a: cim@ordes.dicoruna.es
Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller
Concello de Ordes
Rúa Alfonso Senra, nº108
Atención ao público:
De luns a venres de 08:00 a 15:00
Asesoramento Xurídico:
Luns de 15:30 a 21:30
Asesoramento Psicolóxico:
De luns e venres con previa cita
Teléfonos:
981 682108 / 981 680002
981 680157 (Ext. 214)
Fax
981 682108
E-mail
cim@ordes.dicoruna.es