Novas de CIM Ordes

Estadías de tempo libre para mulleres soas
A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia convocou as estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.

As estadías son de entre 7 e 10 días en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo.

Os gastos de aloxamento, manutención, monitorado e transporte desde o concello de orixe serán gratuítos para as persoas beneficiarias.

Requisitos: as mulleres que desexen solicitar este programa deberán cumprir os seguintes requisitos:

Ter fillas e/ou fillos exclusivamente ao seu cargo con idades entre os 2 e 12 anos, inclusive.

Residir en Galicia e, no caso de mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia ou tarxeta de réxime comunitario.

A renda percápita da unidade familiar non pode superar o salario mínimo interprofesional (641,40 ?/mes)

Non padecer ela, nin as fillas e/ou fillos que a acompañen, enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.

Prazo de presentación: Ata o 16 de maio de 2012

Pode consultar máis información nos Servizos Sociais do seu municipio ou no Centro de Información á Muller (Rúa L. Xoxardo, s/n, Ordes; 981 680 002; 981 682 108).

Máis información: RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2012, da Secretaría Xeral da Igualdade

III Plan Director para a Convivencia
Un total de 22 profesores e persoal educativo do colexio Castelao (Ordes) participaron na tarde de onte na primeira das xornadas educativas do III Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar, dirixidas a facilitar ao profesorado información sobre as ferramentas e os recursos para a prevención e detección de casos de violencia no ámbito escolar. Un Plan Director impulsado polo Goberno do Estado e que na comarca de Ordes están a desenvolver a Mancomunidade de Ordes, a través do Centro de Información á Muller (CIM), e persoal especializado da Garda Civil, neste caso dous axentes especiais do Plan Director.

O encontro, que tivo unha duración de algo máis dunha hora, serviu para que os axentes especiais do Plan Director puidesen detallar as distinta lexislación sobre violencia aplicada ao ámbito educativo, explicándolles aos asistentes cómo actuar no caso de detectaren no ámbito escolar algún comportamento ou algún caso que puidera estar relacionado coa violencia de xénero ou coa violencia doméstica. Así mesmo, dende o CIM de Ordes informouse dos distintos recursos dispoñibles e dos tipos de actuacións e asesoramento que se ofrece dende a Mancomunidade de Ordes. Ademais, respostaron a todas as dúbidas prantexadas polos asistentes.

O obxectivo deste III Plan Director é achegar os servizos públicos de seguridade á comunidade escolar da comarca de Ordes e poñer a disposición da comunidade educativa a asistencia técnica precisa para axudar a previr e abordar calquera situación que poida ameazar a convivencia escolar. Por esa razón, a Mancomunidade de Ordes ten invitado a participar neste programa aos sete municipios que a integran: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

Despois dunha primeira toma de contacto realizada o pasado 17 de xaneiro no colexio Campomaior (Ordes), na tarde de onte celebrouse a primeira reunión con persoal educativo do colexio Castelao (Ordes). A día de hoxe xa están fixadas as datas dos dous próximos encontros: o 30 de abril no colexio Celso Emilio Ferreiro (Cerceda) e o 9 de maio no CPI de Xanceda (Mesía). As datas das reunións nos demais concellos pecharanse nas próximas semanas.

Manifesto do Día da Muller Traballadora
O pleno da Mancomunidade de Ordes aprobou na súa sesión ordinaria do mes de marzo unha declaración institucional co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, que se conmemora este 8 de marzo, e do Día da Igualdade Salarial entre Homes e Mulleres, que se celebrou o 22 de febreiro. Un manifesto que está acompañado dunha decena de actividades divulgativas nos sete concellos da comarca ordense (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo).

Concurso fotográfico, videofórum e xornadas informativas sobre os dereitos da mulleres ou sobre a súa situación laboral conforman o programa de actividades conmemorativas do Día Internacional da Muller Traballadora, que serán posibles grazas á colaboración entre o Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Ordes e o persoal dos sete concellos da comarca.

Así mesmo, os sete alcaldes da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes aprobaron por unanimidade un manifesto conxunto a prol da igualdade salarial de mulleres e homes. "En España, as mulleres perciben un salario anual medio dun 22% menos que os homes. Debemos tomar as medidas necesarias para eliminar esa fenda, garantindo salarios iguais para postos do mesmo valor", explicou o presidente da Mancomunidade, Manuel Regos Boquete.

Actividades na comarca

Para poñer as bases para que esa igualdade entre homes e mulleres non sexa unha aspiración, senón un feito, os sete alcaldes da comarca de Ordes adquiriron o compromiso político de traballar a favor dunha igualdade real de oportunidade etnre as persoas, realizando distintas accións informativas e educativas. Algunhas destas actuacións terán lugar ao longo dos vindeiros días. De feito, o programa de actividades previsto nos sete municipios da comarca é o seguinte:

1- CERCEDA.

-         8 de marzo. 19:00 horas. Xornada informativa "Os dereitos das mulleres", impartida por Luis Baneira, secretario xeral da Comisión Executiva Provincial FSP-UXT da Coruña. Contará coa participación de persoal do Concello de Cerceda e do CIM, que aproveitarán para presentar esta entidade como recurso de información  e asesoramento á muller na comarca de Ordes.

-         8 de marzo. Emisión dun programa especial sobre o Día Internacional da Muller Traballadora na televisión e na radio de Cerceda.

2- FRADES.

-         9 de marzo. 16:00 horas. Videofórum, coa proxección da película "En tierra de hombres". Ao rematar a emisión, establecerase un debate moderado por persoal do CIM de Ordes.

3- MESÍA.

-         8 de marzo. 16:30 horas. Xornada informativa "Mulleres: formación e emprego", impartida por Luis Baneira, secretario xeral da Comisión Executiva Provincial FSP-UXT da Coruña. Contará coa participación de persoal do CIM, que presentará esta entidade como recurso de información  e asesoramento á muller na comarca de Ordes.

4- ORDES.

-         9 de marzo. 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura. Xornada informativa "A reforma laboral, principais cambios que afectan aos dereitos e deberes dos/as traballadores/as e a nova regulación do servizo doméstico". Impartida por Luis Baneira, secretario xeral da Comisión Executiva Provincial FSP-UXT da Coruña.

5- OROSO

-         8 de marzo. 19:30 horas no centro cultural de Sigüeiro. Xornada informativa "A situación laboral da muller en Galicia" e entrega dos premios do II concurso de fotografía "Muller Traballadora", coa participación de María del Carmen Liste, concelleira de Muller de Oroso; Nazaret González Martínez, directora do CIM; e Rosa María Ramírez Campos, axente de emprego e desenvolvemento local.

-         Elaboración dun boletín informativo periódico a través da Internet cos recursos e información interesante para as mullleres de Oroso.

6- TRAZO

-         6, 8 e 13 de marzo, de 20:00 a 22:00 horas na primeira pranta do Concello vello. Xornada informativa "Ansiedade e trastornos psicosomáticos", impartido por persoal do CIM de Ordes (prazas xa cubertas).

-         13 de marzo, ás 19:15 horas na primeira pranta do Concello vello. Xornada informativa "A cotitularidade das explotacións agrarias e a nova regulación do servizo doméstico", impartido por persoal do CIM de Ordes (aberto o prazo de inscrición).

7- TORDOIA

-         23 de marzo, ás 10:00 horas na Casa da Cultura. Xornada informativa "A cotitularidade das explotacións agrarias e a nova regulación do servizo doméstico", impartido por persoal do CIM de Ordes.

Conmemoración do 8 de marzo na comarca
O programa de actividades previsto nos sete municipios da comarca para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora é o seguinte:

1- CERCEDA.

-         8 de marzo. 19:00 horas. Xornada informativa "Os dereitos das mulleres", impartida por Luis Baneira, secretario xeral da Comisión Executiva Provincial FSP-UXT da Coruña. Contará coa participación de persoal do Concello de Cerceda e do CIM, que aproveitarán para presentar esta entidade como recurso de información  e asesoramento á muller na comarca de Ordes.

-         8 de marzo. Emisión dun programa especial sobre o Día Internacional da Muller Traballadora na televisión e na radio de Cerceda.

2- FRADES.

-         9 de marzo. 16:00 horas. Videofórum, coa proxección da película "En tierra de hombres". Ao rematar a emisión, establecerase un debate moderado por persoal do CIM de Ordes.

3- MESÍA.

-         8 de marzo. 16:30 horas. Xornada informativa "Mulleres: formación e emprego", impartida por Luis Baneira, secretario xeral da Comisión Executiva Provincial FSP-UXT da Coruña. Contará coa participación de persoal do CIM, que presentará esta entidade como recurso de información  e asesoramento á muller na comarca de Ordes.

4- ORDES.

-         9 de marzo. 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura. Xornada informativa "A reforma laboral, principais cambios que afectan aos dereitos e deberes dos/as traballadores/as e a nova regulación do servizo doméstico". Impartida por Luis Baneira, secretario xeral da Comisión Executiva Provincial FSP-UXT da Coruña.

5- OROSO

-         8 de marzo. 19:30 horas no centro cultural de Sigüeiro. Xornada informativa "A situación laboral da muller en Galicia" e entrega dos premios do II concurso de fotografía "Muller Traballadora", coa participación de María del Carmen Liste, concelleira de Muller de Oroso; Nazaret González Martínez, directora do CIM; e Rosa María Ramírez Campos, axente de emprego e desenvolvemento local.

-         Elaboración dun boletín informativo periódico a través da Internet cos recursos e información interesante para as mullleres de Oroso.

6- TRAZO

-         6, 8 e 13 de marzo, de 20:00 a 22:00 horas na primeira pranta do Concello vello. Xornada informativa "Ansiedade e trastornos psicosomáticos", impartido por persoal do CIM de Ordes (prazas xa cubertas).

-         13 de marzo, ás 19:15 horas na primeira pranta do Concello vello. Xornada informativa "A cotitularidade das explotacións agrarias e a nova regulación do servizo doméstico", impartido por persoal do CIM de Ordes (aberto o prazo de inscrición).

7- TORDOIA

-         23 de marzo, ás 10:00 horas na Casa da Cultura. Xornada informativa "A cotitularidade das explotacións agrarias e a nova regulación do servizo doméstico", impartido por persoal do CIM de Ordes.

O CIM preséntase ante medio centenar de orosáns
Máis de medio cento de veciños e veciñas de Oroso participaron na noite do 25 de novembro nunha charla informativa sobre violencia de xénero e recursos existentes para combatila na comarca ordense ofrecida polo persoal do Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Unha xornada celebrada no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro e que foi presidida polo alcalde orosán, Manuel Mirás, e conducida pola concelleira da Muller, Mari Carmen Liste, que foi dando paso ás distintas ponentes do CIM.

Mirás Franqueira fixo un chamamento ás mulleres vítimas de violencia para que denuncien. "A violencia de xénero está aí. Moitos sabemos de casos e escoitamos cousas. Incluso teño escoitado a autoridades presumir de que nos seus concellos non hai violencia de xénero, pero o certo é que a violencia está oculta. E hai que facer actos como este e traballar día a día dende os Servizos Sociais e cos bos especialistas do CIM para que isto aflore e poidamos acabar coa violencia", apuntou o alcalde orosán, quen pedíu ás mulleres "que nunca teñan vergoña á hora de denunciar".

Pola súa banda, a concelleira da Muller, Mari Carmen Liste, fixo especial fincapé na importancia de realizar accións educativas e preventivas. "A concienciación contra a violencia de xénero está nos nenos, primeiro na casa e despois no colexio", sinalou Mari Carmen Liste.

Durante algo máis de hora e media, Nazaret González, directora do CIM da Mancomunidade de Ordes; Dolores García, psicóloga do CIM; María José Liste, asesora xurídica; e Lorena Iglesias, axente de igualdade; detallaron os servizos que ofrece o CIM: información xurídica, atención psicolóxica e información sobre os recursos existentes na zona en materia de conciliación familiar, axudas para vítimas de xénero, formación, actividades de tempo libre, etc. Lorena Iglesias comezou falando sobre a orixe da conmemoración do 25 de novembro como Día contra a Violencia de Xénero, explicando que se trata dunha homenaxe ás irmás Patria, Minerva e María Teresa Mirabal, que foron brutalmente asasinada os 25 de novembro de 1960 na República Dominicana por loitar pola liberdade política no seu país. Ademais, sinalou que "en contra do que moitos pensan, o maior número de vítimas son mulleres españolas, non estranxeiras. Hai que loitar contra os estereotipos, pois as cifras amosan que o maltratador é maioritariamente un home español, non un estranxeiro".

Pola súa banda, Dolores García falou dos aspectos psicolóxico da violencia de xénero "que fan que a muller estea asustada, se sinta máis dependente, que chegue incluso a pensar que merece o que lle pasa, o que fai que perda toda a súa autoestima e reforza o poder do maltratador". Ademais, explicou que esta situación mantense en moitas ocasións, "por un círculo que o maltratador pon en marcha para conservar o seu poder, de xeito que cando advirte demasiada tensión pasa a unha fase de lúa de mel para encauzar as cousas e seguir tendo o control da situación".

A asesora xurídica do CIM da Mancomunidade de Ordes, María José Liste, tomou a palabra para detallar non só a lexislación vixente nesta materia, senón para indicar que no CIM se ofrece ás usuarias información e asesoramento sobre separación, divorcio, impago de pensións de alimentos, vivenda, custodia, malos tratos, réximes matrimoniais, prestacións sociais...

Uns puntos que desenvolveu a directora do CIM, Nazaret González, na última ponencia. Nela explicou que neste ano xa se rexistraron 54 mortes por causa da violencia de xénero e, no caso da comarca de Ordes, durante o ano 2010 se realizaron 18 denuncias, identificáronse un total de 16 vítimas de violencia de xénero e se solicitaron 19 ordes de protección, segundo os datos manexados pola Delegación do Goberno. De feito, o incremento rexistrado no número de denuncias fai pensar máis nun incremento da concienciación da xente, máis que nun aumento dos casos de violencia de xénero.

Nazaret González explicou que o CIM é "un recurso mancomunado, que actúa nos sete concellos da comarca de Ordes" e que "aínda que ás veces se nos encasilla na violencia de xénero, facemos máis cousas". Ademais, lembrou que "os servizos que prestamos son gratuitos, tanto información, como asesoría xurídica ou psicolóxica" e que "temos un gran respecto ao anonimato e respectamos a vontade das usuarias".

Veciños de Frades, nunha charla sobre o CIM
Unha vintena de veciños e veciñas de Frades asistiron o venres 25 de novembro a unha charla informativa organizada polo Concello de Frades, en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Ordes. Unha sesión na que Nazaret González, directora do CIM da Mancomunidade de Ordes, e Dolores García, psicóloga do CIM, lles explicaron os servizos que ofrece o CIM: información xurídica, atención psicolóxica e información sobre os recursos existentes na zona en materia de conciliación familiar, axudas para vítimas de xénero, formación, actividades de tempo libre, etc.

Así mesmo, proxectaron un vídeo de 7 minutos que é un resumo dun traballo realizado polos alumnos do IES Castelao (Ordes) contra a violencia de xénero, titulado "Orballo". Despois da proxección do vídeo, os veciños e veciñas de Frades amosaron a súa sorpresa polo seu contido, xa que eran mulleres vítimas de violencia de xénero quen contaban o seu caso e como conseguiron superar esta situación. "Elas fixérono para demostar a outras mulleres que con apoio se pode saír desta situación, ter unha vida nova e nun entorno seguro de parella", explicou Nazaret González.

Unha vez rematada esta charla, tomaron a palabra dous membros da Garda Civil de Santiago, quen destacaron o traballo realizado dende o CIM e lembraron que, no caso de violencia de xénero, cando hai unha denuncia o primeiro que se fai é asegurar a seguridade da persoa que pide axuda, polo que lles aseguraron aos presentes que sempre contarán co apoio das forzas e dos corpos de seguridade.

Conmemoracións do 25-N nos concellos da comarca
Ademais das accións conxuntas programadas dende o Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes para conmemorar o día 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o resto dos municipios ten programadas outra serie de iniciativas.

CERCEDA

- Xoves 24 de novembro. Presentación do II Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal 2011-2013, cuxo obxectivo é acadar unha sociedade totalmente igualitaria en todos os ámbitos da vida: o familiar, o laboral, o sociual e o persoal. Este plan nace da estreita colaboración e o traballo en común de todos os ámbitos (político, técnico, sanitario, de seguridade, movemento asociativo, axentes educativos,...) que foron convidados a participar na súa elaboracióin e aprobación, así como en comprometerse a pór en marcha as accións que nel se acordaron. Despois de realizar unha enquisa municipal e de varios grupos de traballo complementados por unha análise exhaustiva dos principais datos oficiais existentes sobre o concello, definironse as prioridades, as necesidades e os obxectivos que se pretenden acadar coa posta en marcha deste Plan, tendente a impulsar e desenvolver unha política transversal que se orienta ás prácticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en todas as accións municipais de maneira que repercuta no benestar e na calidade de voida da cidadanía de Cerceda. As áreas de actuación do II PIOM son 7:

1.- Información e orientación: co obxectivo de favorecer a igualdade entre mulleres e homes, a través do fomento da sensibilización e da información ofrecida á poboación do Concello de Cerceda.

2.- Formación e emprego: coa finalidade de fomentar o emprego e a mellora da formación, co fin de eliminar as desigualdades de xénero existentes.

3.- Conciliación laboral, familiar e persoal: perseguirá facilitar a satisfactoria conciliación dos tempos laborais, familiares e tamén persoais da poboación de Cerceda

4.- Reparto Igualitario de tarefas e responsabilidades domésticas: fomentar a corresponsabilidade entre a poboación do Concello de Cerceda

5.- Educación en Igualdade: Coeducación: Promover a coeducación e a formación baseada na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes

6.- Benestar Social e Asociacionismo: fomentar a participación da poboación na esfera pública do Concello e mellorar o seu nivel de benestar social

7.-Prevención e eliminación da violencia de xénero:  fomentar a prevención e a eliminación da violencia de xénero no Concello de Cerceda

- Venres 25 de novembro. Ás 20:30 horas, auditorio municipal de Cerceda. Representación da obra "Nunca nada de ninguén", de Luisa Costa e representada polo Grupo Municipal de Teatro de Ames. A obra permite un achegamento do espectador a aquelas mulleres que cada nada agardan ou que o teñen todo por descubrir, as que calaron e as que deciden ter voz.

- Venres 25 de novembro. Os nenos e nenas dos distintos centros educativos de Cerceda elaboraron un manifesto contra a violencia de xénero. O manifesto será leído polos cativos nos seus respectivos centros entre as 11 e as 12:00 horas.

- Durante as últimas semanas, Radio Cerceda está emitindo unha cuña radiofónica, de elaboración propia, contra a violencia de xénero.

FRADES

- Venres 25 de novembro. Charla informativa "A violencia e os recursos para combatela". Presentación do Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Ordes. Nela, as traballadoras do CIM darán a coñer as distintas iniciativas postas en marcha dende o centro, as axudas dispoñibles e o procedemento a seguir no caso de sufrir o coñecer algún caso de violencia de xénero. A participación é libre e terá lugar ás 17:00 horas no multiusos José Botana de Frades.

MESÍA

- Venres 25 de novembro. Teatro. Representación da obra "RR.HH. (o método)", da asociación O Aturuxo de Melpémone. Casa da Cultura, ás 21:30 horas.

ORDES

- Durante as últimas semanas, Radio Ordes está emitindo unha cuña radiofónica contra a violencia de xénero, elaborada pola Secretaría Xeral de Igualdade, e que a maiores inclúe os datos de contacto do CIM da Mancomunidade de Ordes.

- O Concello de Ordes desenvolveu un programa de intervención integral coas mulleres vítimas de violencia de xénero e os/as menores dependentes. Denomínase " O programa Mandala". Nesta iniciativa usouse ao teatro como instrumento para promover a reconstrucción psicolóxica dende o centro da propia personalidade. Cos traballos que as persoas participantes elaboraron editouse un material divulgativo para sensibilizar á poboación de Ordes sobre esta realidade dende a propia experiencia vital das mulleres e dos/as menores que a padecen. Inscribíronse 14 mulleres e 13 menores. A actividade foi financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade e o FSE.

- Gravación dun videoclip sobre a igualdade de oportunidades e a violencia de xénero, a cargo de mozos e mozas ordenses de entre 12 e 18 anos. Unha iniciativa organizada no marco do programa "Enrolarte en igualdade", que ten como finalidade concienciar e sensibilizar á mocidade sobre as desigualdades de xénero existentes e fomentar actitudes igualitarias. Unha iniciativa que forma parte do programa "Educar en igualdade", subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e polo Fondo Social Europeo. "Enrolarte en igualdade" incluíu actividades como un obradoiro de hip hop (celebrado o 22 e o 29 de outubro), un obradoiro de cómic (21 e 28 de outubro), vídeo relato (4 e 5 de novembro), un obradoiro de cociña creativa (12 e 18 de novembro) e unha gymkana de supervivencia no fogar (19 de novembro). Todas as actividades tiveron lugar na Casa da Culutra de Ordes e foron totalmente de balde. Ademáis elaborarase un marcapáxinas no que recolla o contido do antedito videclip. Distribuirase entre a poboación xuvenil de Ordes.

- O 25 de novembro, persoal técnico do dito programa e menores participantes presentan esta actividade na TVG, no programa televisivo "A  Solaina"

OROSO

- 25 de novembro. Charla informativa "A violencia e os recursos para combatela". Presentación do Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Ordes. Nela, as traballadoras do CIM darán a coñer as distintas iniciativas postas en marcha dende o centro, as axudas dispoñibles e o procedemento a seguir no caso de sufrir o coñecer algún caso de violencia de xénero. A participación é libre e terá lugar ás 19:00 horas no centro cultural de Sigüeiro.

TORDOIA

- O 25 de novembro terá lugar a clausura do programa "Igualdade, un traballo en equipo", levado a cabo polo Concello de Tordoia no CPI Pecalama e subvencionado pola Deputación da Coruña. Entre o 21 e o 25 de novembro o Concello de Tordoia celebrou a I Semana da Corresponsabilidade, no marco da celebración de actividades previstas no Plan de Igualdade de Mulleres e Homes do Concello de Tordoia posto en marcha o ano pasado. Durante eses días, maiores e pequenos participaron nunha Gymkana do fogar, un cineforum e un obradoiro de cociña, concebidos para traballar na superación dos roles que tradicionalmente se lle outorgan ás mulleres. O obxectivo desta semana é continuar co traballo que durante todo o mes de novembro están levando adiante o Concello de Tordoia en colaboración co CPI Pecalama dentro do I Mes de Corresponsabilidade, dirixido a sensibilizar tanto a pais e nais como ao profesorado sobre a igualdade de sexos e corrixir estereotipos sexistas e traballar o incremento da corresponsabilidade no traballo doméstico e coidado dos nenos. Despois de actividades como o obradoiro "Cambiemos os Contos", "O amo da casa" ou "Vaia canción", esta semana máis de 180 rapaces de EI, ESO e EP do Pecalama participarán nas actividades previstas., que culminará cun obradoiro de cociña común que correrá a cargo da Escola Superior de Hostalería de Galicia, que dirixirá aos rapaces para elaborar todos xuntos unha receta de cociña.

TRAZO

- O Concello de Trazo elaborou unha tarxeta conmemorativa do Día Internacional contra a Vilencia de Xénero.

- Xornadas sobre "Saúde integral da Muller", dirixidas a mulleres de entre 18 e 60 anos empadroadas en Trazo. As xornadas abordarán todos aqueles temas de interese para as mulleres: anatomía, afeccións comúns, patróns de pensamento, accións e emocións, roles sociais, formas de relacionarse... Terán lugar os días 13 e 16 de decembro, en horario de 20:00 a 22:00 horas. Para anotarse só é preciso presentar fotocopia do DNI, antes do 30 de novembro, no departamento de Servizos Sociais do Concello de Trazo.

Mesas técnicas sobre violencia de xénero
O Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes ten programadas unha serie de accións para conmemorar o día 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Unhas accións que se realizarán dun xeito común nos sete municipios da comarca ordense: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo. A primeira iniciativa xa foi aprobada polo Pleno da Mancomunidade de Ordes: a creación en cada municipio da comarca dunha Mesa Técnica de Seguemento dos Casos de Violencia de Xénero, que estarán coordinadas polo CIM da Mancomunidade de Ordes. Estas mesas constituiranse dentro das Xuntas Locais de Seguridade (nos concellos que dispoñen de Policía Local) e nas Comisións Informativas de Seguridade dos respectivos municipios.

Con esta medida, a Mancomunidade de Ordes facilitará enormemente o intercambio de información entre o CIM e as distintas forzas e corpos de seguridade que actúan na comarca, o que redundará nun mellor servizo ás vítimas de violencia de xénero. Esta medida implicará a posta en marcha das Xuntas Locais de Seguridade nos concellos de Oroso e Tordoia (xa que Ordes e Cerceda xa as teñen operativas), así como daquelas Comisións Informativas de Seguridade que aínda non existan nos resto dos municipios.

As funcións destas mesas son: analizar a incidencia da violencia de xénero na localidade, detectar aqueles elementos que provocan disfuncións importantes na atención ás víctimas de violencia de xénero, avaliar a efectividade das intervencións, detectar aqueles casos que se detiveron no percorrido asistencial (así como as posibles causas) e elaborar estratexias para a continuidade da atención. Tamén se encargan de realizar propostas de actuación conxunta entre os servicios implicados para a consecución dos obxectivos, fixar documentalmente (a través dun mapa de utilización dos recursos) os criterios básicos de coordinación entre todas as institucións en aras dunha total eficacia na actuación conxunta e aprobar as propostas ou plans de actuación.

Dar a coñecer o CIM na comarca

Ademais, todos os alcaldes acordaron a realización dunha campaña informativa para dar a coñecer as accións de toda a comarca na loita contra a violencia de xénero e, en particular, informar dos servizos do CIM en todos os concellos. As primeiras destas xornadas informativas sobre a violencia de xénero e o labor do CIM están previstas en Frades e Oroso este venres 25 de novembro e despois continarán no resto de concellos.

Así mesmo, o CIM vai realizar distintas accións para facilitar o acceso das mulleres maltratadas a este servizo. Para iso está a actualizar a páxina web www.ordessenviolencia.org ao ámbito comarcal. Unha plataforma que está a ser actualizada para que serva de instrumento de loita contra a violencia de xénero en todos os municipios, pois non só informa á vítima dos seus dereitos e axudas dispoñibles, senón que mesmo permite o contacto (anónimo ou personalizado) co persoal do CIM sen ter que desprazarse en persoa ás instalacións do Centro de Información á Muller.

Pero, ademais, o CIM vai asinar un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para prestar un servizo de traducción na atención telefónica ás mulleres estranxeiras vítimas. Unha medida moi significativa tendo en conta o gran número de mulleres inmigrantes rexistrado na comarca de Ordes e que romperá a primeira barreira na comunicación con estas persoas: a lingüística.

Outras medidas postas en marcha

Así mesmo, a Mancomunidade de Ordes aheríuse á campaña institucional da Xunta para o 25 de novembro, adaptándoa para que inclúa información sobre os servizos que se prestan na comarca en relación coa violencia de xénero. Unha campaña que se está a difundir nestes días nos medios de comunicación dos municipios a través de: cuñas radiofónicas (en Radio Ordes e Radio Cerceda), anuncios televisivos (TV de Cerceda) e na páxina web da Mancomunidade de Ordes.

Por último, a Mancomunidade de Ordes, a través do CIM, está nestes momentos traballando noutras iniciativas a prol da igualdade e na loita contra a violencia de xénero que verán a luz en próximas datas. Entre elas figura a elaboración dun protocolo comarcal de coordinación para casos de violencia de xénero, a elaboración dun Plan de Igualdade comarcal (que inclúa unha  área específica sobre violencia) e unha campaña para a formación do profesorado da comarca en violencia de xénero (medoda integrada no III Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade escolar, creado polo Ministerio de Interior).

Charlas sobre violencia de xénero en Frades e Oroso
Para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero , o Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes vai realizar dúas charlas informativas sobre violencia de xénero e recursos existentes para combatila na comarca ordense. Dúas charlas que terán lugar no multiusos de Frades (ás 17:00 horas) e no centro cultural de Oroso (ás 19:00 horas). A asistencia é totalmente libre e gratuita.

Estas charlas servirán para dar a coñecer as accións na loita contra a violencia de xénero que se están a levar a cabo na comarca e, en particular, informar dos servizos do CIM a todos os veciños dos sete concellos da Mancomunidade de Ordes: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo. As dúas primeiras xornadas informativas están previstas para este venres 25 de novembro no multiudos de Frades (17:00 horas) e no centro cultural de Sigüeiro-Oroso (ás 19:00 horas). Unhas sesións que se celebrarán en próximas datas nos outros municipios da comarca.

Maior accesibilidade

Nestas xornadas, o persoal do CIM informará tamén das distintas accións que está a levar a cabo para facilitar o acceso das mulleres maltratadas a este servizo. Para iso está a adaptar a páxina web www.ordessenviolencia.org, inicialmente baixo titularidade do Concello de Ordes, ao ámbito comarcal. Deste xeito, esta plataforma servirá de instrumento de loita contra a violencia de xénero en todos os municipios, pois non só informa á vítima dos seus dereitos e axudas dispoñibles, senón que mesmo permite o contacto (anónimo ou personalizado) desa persoa co persoal do CIM, sen ter que desprazarse en persoa ás instalacións do Centro de Información á Muller.

Ademais, o CIM vai asinar un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para prestar un servizo de traducción na atención telefónica ás mulleres estranxeiras vítimas. Unha medida moi significativa tendo en conta o gran número de mulleres inmigrantes rexistrado na comarca de Ordes e que romperá a primeira barreira na comunicación con estas persoas: a lingüística.

Así mesmo, a Mancomunidade de Ordes aheríuse á campaña institucional da Xunta para o 25 de novembro, adaptándoa para que inclúa información sobre os servizos que se prestan na comarca en relación coa violencia de xénero. Unha campaña que se está a difundir nestes días nos medios de comunicación dos municipios a través de: cuñas radiofónicas (en Radio Ordes e Radio Cerceda), anuncios televisivos (TV de Cerceda) e na páxina web da Mancomunidade de Ordes.

Mesas de seguemento

Outra medida que xa se puxo en marcha esta mesma semana, a proposta dos sete alcaldes da Mancomunidade, é a creación en cada municipio da comarca dunha Mesa Técnica de Seguemento dos Casos de Violencia de Xénero, que estarán coordinadas polo CIM da Mancomunidade de Ordes. Estas mesas constituiranse dentro das Xuntas Locais de Seguridade (nos concellos que dispoñen de Policía Local) e nas Comisións Informativas de Seguridade dos respectivos municipios.

Con esta medida, a Mancomunidade de Ordes facilitará enormemente o intercambio de información entre o CIM e as distintas forzas e corpos de seguridade que actúan na comarca, o que redundará nun mellor servizo ás vítimas de violencia de xénero. Esta medida implicará a posta en marcha das Xuntas Locais de Seguridade nos concellos de Oroso e Tordoia (xa que Ordes e Cerceda xa as teñen operativas), así como daquelas Comisións Informativas de Seguridade que aínda non existan nos resto dos municipios.

As funcións destas mesas son: analizar a incidencia da violencia de xénero na localidade, detectar aqueles elementos que provocan disfuncións importantes na atención ás víctimas de violencia de xénero, avaliar a efectividade das intervencións, detectar aqueles casos que se detiveron no percorrido asistencial (así como as posibles causas) e elaborar estratexias para a continuidade da atención. Tamén se encargan de realizar propostas de actuación conxunta entre os servicios implicados para a consecución dos obxectivos, fixar documentalmente (a través dun mapa de utilización dos recursos) os criterios básicos de coordinación entre todas as institucións en aras dunha total eficacia na actuación conxunta e aprobar as propostas ou plans de actuación.

Sal a escena contra la discriminación
¿Que é?

Sae a escena contra a discriminación é unha campaña impulsada polo Ministerio de Igualdade, a través da Dirección Xeral contra a Discriminación. Mediante esta campaña, queremos sensibilizar á sociedade e fomentar a acción a prol da igualdade de trato e oportunidades entre todas as persoas. A Constitución Española, no seu artigo 14, di: "Os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social?. Trátase dun dereito de todos, pero non debemos esquecer que tamén é compromiso de todos actuar para respectar e facer que se respecte ese dereito.

¿Por que actuar?

Porque se seguen a dar casos de discriminación. Porque actuar sobre un escenario ou ante unha cámara é pasar á acción. Porque hai que saír a escena contra a discriminación. Por iso, pedímosche unha pequena peza teatral, un monólogo, unha canción ou unha curtametraxe, actuacións que conteñan unha mensaxe clara e directa contra a discriminación. Tamén podes ver as pezas enviadas e actuar mediante o teu voto. As gañadoras formarán parte do evento Sae a escena contra a discriminación que terá lugar o 12 de decembro en Madrid.