As consultas que nos envíes ao CIM pódes envialas de dúas maneiras:
Anónima: a consulta responderíase de maneira anónima e xeral no apartado de preguntas máis frecuentes.
Personalizada: son as consultas nas que se facilita algún medio para respostar de maneira individual e personalizada e só a quen fai a cuestión; por exemplo, un correo electrónico, un número de teléfono, etc.
Enlaces de interese - Concello de Ordes, Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade
Ministerio español que ten como misión impulsar o principio de igualdade nas políticas educativas e de formación para aumentar o respeto á igualdade.
É o organismo do Goberno central que promove as políticas de igualdade entre mulleres e homes. É un organismo autónomo dependente do Ministerio de Igualdade, a través da Secretaría Xeral de Políticas de Igualdade. A súa finalidade é, por unha banda, promover e fomentar as condicións que posibiliten a igualdade social de ambos os sexos e, por outro, a participación da muller na vida política, cultural, económica e social.
www.inmujer.migualdad.es/mujer/
Portal da Administración Xeral do Estado destinado á relación do cidadán e da cidadá coa administración pública.
Secretaría Xeral adscrita á Presidencia da Xunta de Galicia. O seu obxectivo é promover a igualdade de dereitos e a non discriminación entre homes e mulleres, a participación e integración das mulleres na vida social, cultural, económica e política de Galicia.
Órgano integrado pola Xunta de Galicia e por 267 concellos galegos. É unha fórmula xurídica escollida para xestionar os servizos sociais.
É o órgano do goberno autónomo do Poder Xudicial, con competencia en todo o territorio nacional. A súa función é velar pola garantía da independencia dos xuíces, das xuízas e dos/as maxistrados/as no exercicio das funcións xurisdiccionais que lles son propias frente a outros, incluso frente aos órganos xudiciais e aos de goberno do Poder Xudicial.
A Fundación da Comunidade Valenciana para o Estudo da Violencia, é unha institución que, baixo a Presidencia de Honra de S. M. A raíña Dona Sofía, se dedica a análise da agresión nas distintas formas. Realiza e fomenta proxectos de investigación, organiza encontros científicos, edita libros e estudos, recompila documentos e publicacións e analiza estatisticamente o fenómeno da violencia.
Rede de voluntariado de acompañamento de mulleres vítimas de violencia de xénero programa de voluntariado específico para acompañar ás vítimas de violencia de xénero.
Organismo público adscrito ao Ministerio de Igualdad encargado de promover actuacións en beneficio dos e as mozas de España. Pon en marcha iniciativas e actividades que teñen como fin facilitar a túa participación na sociedade, promovendo o desenvolvemento das túas inquietudes e valores (culturais, artísticos, cívicos, solidarios ou interculturais). Tampouco deixamos de lado a procura da túa autonomía e emancipación por medio de programas encamiñados á orientación laboral e empresarial, ou ao acceso á vivenda.
É unha organización non gobernamental sen ánimo de lucro desde a que traballamos na posta en marcha de proxectos de intervención, nos diferentes ámbitos da participación social, política, económica e cultural, co obxectivo de lograr que a igualdade de oportunidades sexa real e efectiva
Observatorio da violencia de xénero
O Observatorio de Saúde e Muller nace como un proxecto innovador no campo da saúde en Internet en España, co obxectivo de achegarse a unha audiencia interesada en recibir información de calidade e acceder a uns recursos de información fiables, creando unha comunidade virtual que utilice o portal como plataforma de información e coñecemento.
Organización internacional cuxa misión consiste en realizar labores de investigación e emprender accións para impedir e poñer fin aos abusos graves contra os dereitos civís, políticos, sociais, culturais e económicos.
Movemento internacional de accións feministas que reúne grupos e organizacións de base que traballan para eliminar as causas da pobreza e da violencia contra as mulleres.
Grupo de traballo privado e independiente dedicado a promover cambios no estilo de vida, o comportamento e a saúde dos homes. Dedícanse á investigación, á docencia, á prevención e á promoción de cambios en relación á condición masculina e ao machismo.
Grupo de homes que recoñece a responsabilidade masculina no mantemento da subordinación social das mulleres, cuestionan o ideal de masculidadade tradicional buscando un novo modelo e denuncian todo tipo de discriminación apostando pola igualdade.
www.homesgalegospolaigualdade.org
Programa de Hombres por la Igualdad. A páxina ten como fin contribuir á erradicación do sexismo.
Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller
Concello de Ordes
Rúa Alfonso Senra, nº108
Atención ao público:
De luns a venres de 08:00 a 15:00
Asesoramento Xurídico:
Luns de 15:30 a 21:30
Asesoramento Psicolóxico:
De luns e venres con previa cita
Teléfonos:
981 682108 / 981 680002
981 680157 (Ext. 214)
Fax
981 682108
E-mail
cim@ordes.dicoruna.es