As consultas que nos envíes ao CIM pódes envialas de dúas maneiras:
Anónima: a consulta responderíase de maneira anónima e xeral no apartado de preguntas máis frecuentes.
Personalizada: son as consultas nas que se facilita algún medio para respostar de maneira individual e personalizada e só a quen fai a cuestión; por exemplo, un correo electrónico, un número de teléfono, etc.
CIM de Ordes - Concello de Ordes, Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade
É un servizo que ofrece a Mancomunidade de Municipios de Ordes de información xurídica, atención psicolóxica, información sobre os recursos existentes na zona e calquera outra actividade encamiñada a mellorar a calidade de vida das mulleres da Comarca de Ordes.
Na área xurídica
Ofrécese asesoramento xurídico sobre os seguintes temas: separación, divorcio, herdanzas, impago de pensións de alimentos, vivenda, custodia, malos tratos, prestacións sociais, etc.
Na área psicolóxica
Ofrécese intervención psicolóxica en casos de: depresión, ansiedade, maltrato, baixa autoestima, mediación familiar, dificultades coa parella, adicións, apoio grupal a persoas afectadas por enfermedades crónicas, etc.
Na área de información sobre recursos
Ofrécese información sobre: aluguer de vivenda, axudas ás familias numerosas, recursos para a conciliación da vida laboral e familiar, etc.e tramítanse axudas para as vítimas de violencia doméstica: económicas, etc.
Na área de actividades
Lévanse a cabo charlas, talleres, escolas de nais e pais, excursións, video-forums, campañas de sensibilización,?
Na área de atención específica a
Ofrécese atención específica aos seguintes colectivos: emigrantes e inmigrantes retornados/as, vítimas de violencia doméstica, prostitución, familias monoparentais,...
Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller
Concello de Ordes
Rúa Alfonso Senra, nº108
Atención ao público:
De luns a venres de 08:00 a 15:00
Asesoramento Xurídico:
Luns de 15:30 a 21:30
Asesoramento Psicolóxico:
De luns e venres con previa cita
Teléfonos:
981 682108 / 981 680002
981 680157 (Ext. 214)
Fax
981 682108
E-mail
cim@ordes.dicoruna.es