As consultas que nos envíes ao CIM pódes envialas de dúas maneiras:
Anónima: a consulta responderíase de maneira anónima e xeral no apartado de preguntas máis frecuentes.
Personalizada: son as consultas nas que se facilita algún medio para respostar de maneira individual e personalizada e só a quen fai a cuestión; por exemplo, un correo electrónico, un número de teléfono, etc.
Pensamentos erróneos - Concello de Ordes, Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade
En moitas ocasións oímos opinións relacionadas coa violencia de xénero ditas e escoitadas sen pararse a pensar cómo aínda agravan maís este problema, porque estas frases xustifican en gran medida aos homes agresores e responsabilizan ás mulleres da violencia que sofren.
É moi importante tomar conciencia da súa existencia e da nosa propia forma de pensar, xa que son obstáculos para todos e para todas: para os maltratadores porque lles consinte o seu comportamento, para as vítimas porque as responsabiliza erroneamente a elas, para a poboación porque lles impide saber as verdadeiras causas e consecuencias da violencia, etc.
Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller
Concello de Ordes
Rúa Alfonso Senra, nº108
Atención ao público:
De luns a venres de 08:00 a 15:00
Asesoramento Xurídico:
Luns de 15:30 a 21:30
Asesoramento Psicolóxico:
De luns e venres con previa cita
Teléfonos:
981 682108 / 981 680002
981 680157 (Ext. 214)
Fax
981 682108
E-mail
cim@ordes.dicoruna.es