Contacta co CIM

Nota

As consultas que nos envíes ao CIM pódes envialas de dúas maneiras:

Anónima: a consulta responderíase de maneira anónima e xeral no apartado de preguntas máis frecuentes.

Personalizada: son as consultas nas que se facilita algún medio para respostar de maneira individual e personalizada e só a quen fai a cuestión; por exemplo, un correo electrónico, un número de teléfono, etc.

 »  A violencia e os recursos para combatela »  O home maltratador

O home maltratador

O home maltratador - Concello de Ordes, Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade

Fototop

¿Existe un pefil de home maltratador?

NON, pero si certas características:

  • Teñen dificultades para controlar os impulsos, para a comunicación e resolución de conflictos, reprimen os sentimentos de desagrado ata que se produce un estalido de violencia psicolóxica e/ou física, vense como vítimas en vez de cómo responsables da súa conducta, teñen interiorizada a cultura machista, etc.
  • Existen certas peculiaridades, vivencias e situacións específicas comúns á maioría deles.

 

¿O home maltratador é exclusivo dunha determinada clase social?

O home violento non é exclusivo dunha determinada clase social e pode existir en calquera cidade e lugar.


¿Por que se comporta de forma violenta?

Non existe unha causa única que provoque os malos tratos, aínda que polo xeral si hai unha serie de factores de risco que poden facer xurdir a aparición e o posterior mantemento da violencia:

  • Unha gran porcentaxe de maltratadores foron vítimas ou testemuñas de malos tratos, adoptando este comportamento como unha forma normal de relacionarse.
  • Porque o experimentaron como sistema de poder, aprendendo que exercéndoo no fogar, obteñen a máxima autoridade e conseguen o que queren, coa parella e cos/as fillos/as.
  • Porque aspira a exercer un poder e control absolutos sobre a súa parella: no que fai e nos seus pensamentos e sentimentos máis íntimos.
  • Porque consideran á súa parella como unha posesión que teñen dereito a controlar en todos os aspectos da súa vida.
  • Porque desconfía de todo o que fai a parella, sentindo celos de calquera que el pensa que lle quita o afecto da súa esposa e el quéreo todo dela, desexando tela en casa sempre.
  • Porque cando se inician os actos de violencia adoita ser pola percepción errónea que teñen de que a súa parella lles pode abandonar, sen ter en conta a posibilidade de que elas poidan ter distintos tipos de relacións con outras persoas (de amizade, de familia, etc).

 

Intranet Privada

Introduza o seu nome de usuario/a e contrasinal para acceder á Intranet Privada

Contacta connosco

Concello de Ordes
Rúa Alfonso Senra, nº108

Atención ao público:
De luns a venres de 08:00 a 15:00

Asesoramento Xurídico:
Luns de 15:30 a 21:30

Asesoramento Psicolóxico:
De luns e venres con previa cita

Teléfonos:
981 682108 / 981 680002
981 680157 (Ext. 214)

Fax
981 682108

E-mail
cim@ordes.dicoruna.es