As consultas que nos envíes ao CIM pódes envialas de dúas maneiras:
Anónima: a consulta responderíase de maneira anónima e xeral no apartado de preguntas máis frecuentes.
Personalizada: son as consultas nas que se facilita algún medio para respostar de maneira individual e personalizada e só a quen fai a cuestión; por exemplo, un correo electrónico, un número de teléfono, etc.
O Ciclo da Violencia - Concello de Ordes, Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade
Nesta fase comezan as primeiras demostracións de violencia. Calquera incidente pode ser a orixe do malestar do agresor (que ela fale por teléfono, que non estea na casa cando el chegue, que se maquille, que outro conductor lle adelantase na carretera, etc).
Conduta do agresor: El móstrase enfadado pero de forma aínda "suave". Cambia o seu estado de ánimo de forma repentina e imprevista, móstrase molesto ante calquera comportamento da muller. Segundo a muller mostra unha actitude de retiro para evitar o enfrontamento, o home adoita unha posición máis atacante buscando o enfrontamento directo. A frialdade, a tensión e a irritabilidade del van aumentando ata pasar á segunda fase.
Conduta da vítima: Nega a realidade da situación e intenta calmar ou minorar o enfado do agresor, compracelo ou, polo menos, non facer aquilo que lle poida molestar, crendo realmente que ela pode controlar a agresión. Pode incluso chegar a culparse a si mesma. A vítima experimenta confusión.
Dase unha explosión de tensión, onde se mostra unha maior capacidade de dano, aínda que é a fase máis breve das tres que conforman o ciclo. Esta fase caracterízase polo descontrol e inevitabilidade dos dintintos tipos de violencia.
Conduta do agresor: As súas accións teñen un marcado intento de ferir ou asasinar, móstrase fóra de si e presenta un forte estado de xenio. Esta descarga de agresividade alivia a tensión do maltratador. Os golpes ou agresión do home deben ser vistos como un acto de impotencia, máis que como unha demostración de forza: cando non logra os seus desexos, sente que perde o poder e exerce a violencia para recuperalo. Consegue que a vítima perciba e se sinta responsábel do comportamento violento.
Conduta da vítima: Preséntase asustada, desconcentrada, atrapada; pode intentar protexerse dos golpes, ás veces busca axuda, pero non o soe facer de forma inmediata.
A reacción máis frecuente é estar na casa sen que a vexan as 24 primeiras horas para non mostrar a agresión a coñecidos/as ou aos/ás médicos/as, etc.
A fase forte de violencia destrúese por unha conduta de arrepentimento e afecto do home e de aceptación da muller, a cal cre na súa sinceridade.
Conduta do agresor: Extremadamente amábel e arrepentido, pode pedir perdón e/ou chorar, facer regalos, etc, e promete que non volverá a suceder. Pode Intentar influír sobre familiares e amizades para que a vítima o perdoe baixo a realización da promesa de non repetir este episodio.
Conduta da vítima: Preséntase aliviada e trata de previr futuros incidentes que sabe que a el o enfadan.A muller cre na posibilidade deste cambio de conduta e tenta que a relación funcione: ve o ?lado bo? da súa parella, ten a esperanza e o desexo de que realmente chegue a cambiar.
Ao remate desta fase o ciclo comezará de novo.
O ciclo da violencia explica por que algunhas mulleres retiran a denuncia que interpoñen na fase de agresión; cando chegan á casa atopan un home arrepentido, que promete cambiar e que está en plena fase de "lúa de mel", e o resultado é a crenza da vítima de que esta será, realmente, a última vez que vai pasar.
A realidade demostra que nunca é así, senón que se produce unha escalada de violencia e, despois dun tempo, as cousas volven ser iguais. Co paso do tempo a violencia, por motivos cada vez máis insignificantes, vólvese máis frecuente e perigosa. A fase de arrepentimento tende a desaparecer, mentres a fase de agresión se repite máis a miúdo ou se está todo o tempo entre a tensión ou a agresión, sen a penas a fase de "reconciliación". A muller sente cada vez máis medo, depende cada vez máis del e vai perdendo a súa dignidade.
Cando isto sucede é cando moitas mulleres deciden pedir axuda para romper este tipo de relación. Ás veces, ata chegar a este momento, pasaron moitos anos.
Se este ciclo non se rompe a tempo, as agresións repetiranse con máis frecuencia e máis intensidade, con maior gravidade e risco para a muller.
Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller
Concello de Ordes
Rúa Alfonso Senra, nº108
Atención ao público:
De luns a venres de 08:00 a 15:00
Asesoramento Xurídico:
Luns de 15:30 a 21:30
Asesoramento Psicolóxico:
De luns e venres con previa cita
Teléfonos:
981 682108 / 981 680002
981 680157 (Ext. 214)
Fax
981 682108
E-mail
cim@ordes.dicoruna.es