Contacta co CIM

Nota

As consultas que nos envíes ao CIM pódes envialas de dúas maneiras:

Anónima: a consulta responderíase de maneira anónima e xeral no apartado de preguntas máis frecuentes.

Personalizada: son as consultas nas que se facilita algún medio para respostar de maneira individual e personalizada e só a quen fai a cuestión; por exemplo, un correo electrónico, un número de teléfono, etc.

 »  A violencia e os recursos para combatela »  Consecuencias da violencia de xénero

Consecuencias da violencia de xénero

Consecuencias da violencia de xénero - Concello de Ordes, Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade

Fototop

Consecuencias da Violencia de Xénero

A violencia de xénero é un delito. O maltratador convértese nun delincuente e a agredida nunha vítima do maltratador.

Ás veces para moitas persoas pode resultar moi difícil entender como unha muller que, sendo agredida por un home, continúa con esa relación ou no seu lugar de traballo (nos casos de acoso sexual). Pensan que "non ha ser moi grave", "se se queda, ela saberá", etc. O certo é que o maltrato é un proceso no que ás veces é difícil recoñecer o inicio, porque as mulleres foron e están sendo educadas baseándose en frases como "hai que ter paciencia", "xa se sabe como son os homes", "tódalas relacións teñen altos baixos", "se ten celos é porque te quere", etc.


Hai que ter claro que cando hai violencia, en realidade non existe unha relación de parella ou relación de respecto mutuo, o que existe é unha relación de abuso, e por iso causa efectos destrutivos na saúde das mulleres que poden permanecer durante moito tempo, aínda moito despois de finalizada a situación de violencia.

 

Consecuencias para a vítima

Sinais de golpes, feridas, fracturas, queimaduras, problemas neurolóxicos, discapacidades, etc.

A primeira reacción da muller vítima de violencia consiste en tratar de sobrevivir ao suceso, de tratar de que a súa situación poida ter arreglo algún día. Aparecen reaccións de shock, non querer ver a realidade, confusión, abatemento, temor, etc.

As vítimas de maltrato viven sabendo que en calquera momento se pode producir unha nova agresión, o que fai que desenvolvan unha extrema ansiedade que pode converterse en verdadeiro pánico. Así, moitas mulleres presentan síntomas asociados coa baixa autoestima, sensación de non ter ningunha valía, culpabilidade, vergoña e temor á perda de control.

Efectos derivados da tensión e do estrés continuado que produce a violencia: esgotamento e desgaste físico, estado de alerta con frecuencia vixiando se a persegue, baixas defensas no corpo por debilitarse o sistema inmunitario, problemas respiratorios, cardíacos, dores de cabeza, problemas de sono, problemas relacionados coa alimentación, diarreas, incontinencia urinaria, etc.

A longo prazo: temor, ansiedade, fatiga, alteracións alimenticias e do sono, reaccións intensas de medo e queixas físicas en forma de molestias e dores non específicos, baixa autoestima, depresión, sensación de desamparo e impotencia, etc.

Como consecuencia das relacións sexuais impostas, vividas con medo e con dor, a muller sofre perda do desexo sexual, desenvolvemento de fobias e dificultades para gozar a sexualidade no futuro; problemas xinecolóxicos: infeccións que se repiten, enfermidades de transmisión sexual, embarazos non desexados; ameazas de aborto, abortos, abortos clandestinos; durante o embarazo: hemorraxias vaxinais, infeccións e anemia; parto prematuro, baixo peso da criatura, etc.

Na área social, as mulleres enfróntanse a numerosas dificultades: protexer a súa seguridade e a dos fillos e fillas; dificultades laborais ou desemprego, necesitan aumentar ou pór ao día a súa formación, crear novas amizades;desenvolver unha rede de relacións sociais e de amizades.

Pódese producir unha maior toma de medicación e, en ocasións, tamén de consumo de tabaco e alcohol, etc.

 

Síndrome da muller maltratada

Conxunto de lesións físicas e psicolóxicas resultantes da violencia sufrida, que producen na muller un conxunto de síntomas; unhas veces de forma máis intensa, outras menos, dependendo da situación vivida por cada muller, a duración e o tipo de violencia sufrido, etc.

 

Síndrome da indefensión aprendida

Prodúcese pola repetición do ciclo da violencia, no que a muller aprende que faga o que faga sempre será maltratada, que non pode controlar nin deter a conduta do maltratador e que calquera acción que ela emprenda pode provocar un mal peor. Ademais, as mulleres vítimas de violencia presentan un gran temor a cambiar a súa situación, que se basea na culpa por destruír a familia. Para aguantar a situación, adáptanse e defenden ao agresor, protexéndoo ou xustificándoo; incluso deixan de pensar e de sentir, funcionan como autómatas, centrando a súa vida arredor das demandas e necesidades do agresor.

 

Trastorno de estrés postraumático

Os síntomas que presentan que presentan son: recordos das agresións, pesadelos recorrentes, desconcentración, olvido de certas situacións fortes vividas debido ao trauma causado, evitan lugares ou situación que lle lembran a violencia sufrida, irritabilidade, sobresalto, ansiedade, etc.

 

Dependencia emocional

É a máis difícil de manifestar e de rachar; a muller permanece unida ao seu agresor por unha especie de gomas elásticas xigantes. Cando intenta rematar coa relación e afastarse del, a goma vaise estirando ata chegar, incluso, a un punto próximo á ruptura, pero resulta moi difícil de superar e canto máis se alonxa maior é a tensión que a fai volver. Para unha persoa debilitada física e psicoloxicamente, e temerosa de dar pasos, será moi difícil conseguir escapar destes lazos; necesita a axuda do seu entorno (familia, amizades,etc), dos/as profesionais e da sociedade en xeral para que actúen como tesoiras que permitan liberala.

 

Consecuencias no ámbito familiar

Pero as consecuencias non son só para a muller vítima, senón tamén para as persoas que forman a unidade familiar, para as amizades e familiares.

Son moi importantes as consecuencias que a vivencia directa dos malos tratos poden ter para os fillos e as fillas, quen non só son testemuñas da violencia senón que son sempre vítimas. Na meirande parte dos casos os e as menores presencian os episodios violentos e/ou son obxecto deles e/ou os escoitan e/ou ven posteriormente as consecuencias e/ou respiran o clima de tensión constante. Se a isto sumamos o feito de que a familia é onde os/as menores primeiro aprenden a comportarse, a saber o que está ben ou mal, a qué se lle da valor e a qué non (non só polo que lles din senón mais aínda polo que ven), onde aprenden as habilidades sociais que a persoa necesita para desenvolverse na vida.

Os episodios de violencia poden provocar nos fillos e fillas o desenvolvemento de condutas negativas; dificultades no trato con outras persoas pola dificultade de controlar o seu propio comportamento, aumentando o risco de que recorran á violencia como método de resolución dos seus propios conflitos; poden aprender a reprimir os seus sentimentos polo medo que viviron; poden presentar ansiedade, depresión, estrés, alteracións na memoria, dificultades de concentración, etc.


Intranet Privada

Introduza o seu nome de usuario/a e contrasinal para acceder á Intranet Privada

Contacta connosco

Concello de Ordes
Rúa Alfonso Senra, nº108

Atención ao público:
De luns a venres de 08:00 a 15:00

Asesoramento Xurídico:
Luns de 15:30 a 21:30

Asesoramento Psicolóxico:
De luns e venres con previa cita

Teléfonos:
981 682108 / 981 680002
981 680157 (Ext. 214)

Fax
981 682108

E-mail
cim@ordes.dicoruna.es